Archivo por días: 15/03/2016


“Non me despido de ti porque non es de chocolate. Quizais se chegases a ser dulce podería comerte os beizos antes de irme. Pero onte bebiches demasiada fanta de limón, e sentouche mal de carallo. Igual te desintegraches na desilusión. Na falta de perspectivas. Só tiñas que respirar un pouco máis. Ou simplemente non era o momento, non podías ser […]

15.03.16


“Lady Shakespeare colle forma. En agosto Edimburgo. A voar a un dos templos do teatro contemporáneo. E nós a xogar cun mundo de contrastes, a coller a maior paleta de cores e de emocións que debe ter o teatro para pintar o noso cadro, a visión feminina e propia do que é ser Shakespeare. O que a viaxe nos diga. […]

14.03.16


“Parece incríble o fácil que é moverse a día de hoxe. Levántaste cedo en Edimburgo, e de noite estás movéndote co teu coche, por outro sentido diferente da carretera, como se nada tivese pasado. Nótalo no corpo iso claro, tes o peso dos quilómetros enriba. Podemos pasar do exilio ó refuxio en horas, vivir as dúas caras da morriña case […]

13.03.16



“Día de función. Movémonos pola morriña dos galegos, é dicir, galegos que se moven porque outros se moveron. Será o espírito dos cadros que nos leva a circularidade. Á comunidade dende logo que si. Galegos que perden cartos por estar con outros que intentan gañalos, e nin se coñecen. Parece a camaradería dun barco, da forza que fai unir mans […]

12.03.16