“O correcto é todo aquilo que ten sentido para a vitalidade, e listo.”
Archivo por días: 25/04/2016
” Sen durmir o sono olvida as frases dos bares. A barra libre do mirar cara adiante. Sintes vibrar a pel e parece normal, necesario. Cando o vocabulario falaba de ti as rúas tiñan o sangue das nosas noites, o pulmón espido dos concertos. O fío era aquel respirar en calma. ”
24.04.16
” – PERSOA 1: Deixar o violín á beira do mar é o que ten. – PERSOA 2: Si, aparece un hipster e xa lle chama arte contemporánea. – PERSOA 1: Se o deixas moito tempo igual aprende o vento a tocalo e verás que ben. – PERSOA 2: Se agora vas empezar a ser unha cursi mellor deixamos o […]
23.04.16
“O bus ten o encanto de compartir os silencios con outras persoas. Un rapaz discutía e discutía co seu pai por teléfono. Ao parecer non chegaba a buscar a metadona para o fin de semana. Levantouse tarde, tiña que coller un taxi e non lle daban as contas para todo. Dixolle que sempre lle obligaba a levantar a voz, que […]