“En Galicia o verán é esa cousa fráxil que hai que disfrutar o máis posible antes de que o oasis desapareza e volva o deserto das nubes. Non?”
Archivo por días: 18/05/2016
“Día das letras galegas. Espazo para a nosa lingüa. Escollo a Lorca por abrir fronteiras, por crer que o noso tamén pode ser internacional. Porque non me canso de ler este poema. Amar as lingüas é amar todas as lingüas, por iso hai que empezar pola propia. Sacala a pasear, a saborear. A viaxar. E que entren en contacto con […]
17.05.16
“Caras, conversacións cortadas nas que podes saber todo e nada. Os transeúntes, xente que transita sen pararse a saber que fai a persoa coa que te chocas, todas esas conexións por descubrir que quedan nun olvido activo, necesario seguramente para sobrevivir.”
16.05.16
“Abrir o peito para que se vexa o pasado, e deixar entrar a quen queira entrar. A purga dos medos é a fórmula máis antiga que existe no teatro, liberar a carga para sentir a liberdade. Bailar co invisible.”
15.05.16
Levantouse sen ningunha intención. Nin sequera de dicir que si. Non era unha persoa apática, sinxelamente non quería ter intencións esa maña. Só esperaba que ninguén llo botara en cara, que podería ser nos tempo que corren. Ocorre case en todos. Fixouse no cepillo, xa non estaba. O que pode facer un detalle nas emocións cotiás. E nas trascendentes. Detrás […]