Archivo por días: 18/11/2016


Cando descubriron a pintada ela xa non estaba alí. Sempre chegaban tarde. A forza da paixón ía por diante. Eva sempre esperaba cerca, por iso non a atopaban. Buscaban cun radio de fuxida, e ela non tiña ningunha intención de fuxir. Sentiron o medo, porque non sabían que pasaría despois diso. Estes anos eran dunha transición que ninguén entendía moi […]

08.09.16


Aprender a coller as baquetas. A forza no pé para soster o vibrar do bombo. Sincronizar algo que parece que sempre estivo aí para min. Benvida batería, por fin, á miña vida. Prometo serte fiel.

07.09.16


Volver á poesía como quen volve a un camiño querido, coidando os detalles para que a ilusión volva, que non se perda, que se manteña no ar da amizade. Poñer as velas e soñar. Darlle o tempo que merece, e a pausa para que respire como os viños. Delegar na mirada para que ela conte o que teña que contar, […]

06.09.16



Cando no verán non se descansa, chega a resaca en setembro. O corazón non perdoa o que lle pides, sempre ten memoria. O festival máis grande do mundo casualmente pasa facturas, e cousa é poder ilas pagando, non vaia ser que o teu propio corazón che bote da casa por non aparecer á cita.  

05.09.16