Netflix nos está acostumando a cousas valientes, e iso engancha. House os cards é adictiva, seguramente a máis adictiva que teña visto nunca. Eu creo que é porque os elementos base con poucos e fortes, vai directo a todo, e non podes evitar querer saber máis pola forza básica e sinxeleza estética que te atrapa. Brutal.
Archivo por días: 28/11/2016
A rebelación e revelación deste verán de 2016.
30.11.16
Outlander empecei a mirala escéptico, dubidaba que me fose gustar. Pero a historia atrapa, ten imán. Parece naíf, e si o é, pero como está moi ben contada entras nela moi ben, moi fácil, é como unha persoa agradable coa que che gusta falar. A novela conta algo que parece xa contado, pero con moita paixón e carisma. Hai tópicos […]
29.10.16
Intenteino varias veces. e non iba. Pero volvía a ela por algo. American Crime é unha delicadeza. Soa raro dunha serie que vai de crimes, pero si. O retrato tan de cerca dos personaxes, centrándose nas reaccións dos personaxes é xenial. Parece curioso que non se tivese feito unha serie antes así. Un traballo fantástico, igual as historias en si […]
28.10.16
Fargo foi entrando disimuladamente. Nun principio dábame pereza, pero a elegancia coa que está feita foime conquistando. Gustoume moito máis a segunda temporada, o feito de que elixisen a colaridade de personaxes quédalle xenial ó tipo de historia que contan. A recta final da temporada é tremenda, demoledora, cunha música incríble.
27.10.16
A este paso fago un blog de series retro. Esta serie para min foi clave, un soplo de aire fresco. É das poucas que volverei ver, para saboreala e disfrutala aínda máis que a primeira vez. David Simon é un grande.