Archivo por días: 06/02/2017



O día da tempestade, da resaca mezclada con temporal. Da espera porque as ganas de todo o que vai vir desborda. Cando queres conseguir algo importante, o que non podes é olvidar ós teus mestres:  

05.02.17


Concertazo. Perico Sambeat é un xenio. Fomos escoitar ó Jamboree (xa tardaba eu en ir) o Perico Ensemble plays Zappa. Daban ganas de estar de pé. O jazz debería ser asignatura obligada, para aprender o que é a liberdade canalizada, o sentido do grupo, a mecánica da paixón ordenada que xoga a desordenarse. Vivan os templos do jazz!  

04.02.17



Este día vai quedar grabado na memoria. A enerxía que xeneramos foi fascinante, e buscamos facelo. Pol ensinounos precisamente que a luz dun proxecto é o máis importante, porque toca os corazóns da xente a través da imaxinación. Mira que es grande irmán. Grazas por todo.  

03.02.17


A esperada Resaca, da querida compañía Il Maquinario Teatro. Unha viaxe a través da memoria, dos trozos que quedan en nós cando unha persoa querida se vai. Falan do amor, no propio espectáculo resaltan que o queren é facer “o seu espectáculo sobre o amor”. Sabendo que o tema moi novo non é, pero non importa. Xogan sobre diferentes códigos […]

02.02.17