Teño o pracer de facer o primeiro videoclip desta boa xente. Ilusión inmensaa!!
Archivo por días: 01/05/2017
Divertidísima. Vale que ten os mesmos ingredientes que a anterior, pero xa se chama Vol.2 por algo. Pasámolo en grande. A min encántame a estética e os golpes de humor frecuentes que ten. Ademais case todos son intelixentes, o que se agradece en algo así. É fácil collerlle cariño estes personaxes, porque teñen unha inocencia liderada por Groot que é […]
05.04.17
Roberto Salgueiro púxose poeta e sáelle ben. É un texto moi valiente, porque ten unha linealidade e profundidade que fai que o seu dinamismo se mova por unha liña fina dramática, que se sostén durante toda a obra como un poema que sabe renovarse con cariño e paixón polo teatro. É moi bonita, deixa unha sensación de verdade e sinceridade. […]
04.04.17
A cabeza do dragón, a fantasía e o poder do teatro como mecanismo de xogo. A obra vaite metendo lentamente no seu mundo, e vaste facendo co seu poder case sen darte conta. Partindo dun código de traballo convencional, e non por iso negativo, o texto de Valle flúe cunha antigüidade fresca, coa interacción entre os actores e a fluidez […]
03.04.17
Estreouse o esperado Martes de Carnaval. Estou moi de acordo co que dixo unha amiga, de que é moi “botar por fóra”. Para min foi moi significativa tanta máquina de fume, que é o que me parece o espectáculo, unha máquina de fume. En certos momentos ten o seu encanto, e un atractivo forte de determinadas imaxes. Marta Pazos móvese […]