Eva nunca antes entrara nun espazo así. Hipnótico. Case somnífero se non fose polo ruído tremendo que se movía alí dentro. Por un momento a sensación foi de medo, paralizador. Mirou ó seu redor e só viu xente. Brillando, de todas formas e cores. Ese día aprendeu o que significaba a liberdade, ese día aprendeu a bailar.