Imaxinar pode ser realidade. Soñar unha constante, un suspiro por vir. Pechar os ollos e ter o que sempre esperaches. Saborealo aínda que non o toques. Porque xa virá. Igual resistir non é a resposta. Acostumarte a ter na cabeza unha casa que non tes no corpo. Pero aínda así compensa. Aínda así sabe a todo. Amar coa insistencia calmada. […]