Lois Blanco Arauxo


A serie de documentais “A las puertas del infierno” é fascinante e moi necesaria de ver. Neste capítulo viaxan a Detroit, para analizar como a que foi a cidade máis rica de Estados Unidos pasou a ser a máis pobre.

25.02.18


Todos los niños crecen, excepto uno. No tardan en saber que van a crecer y Wendy lo supo de la siguiente manera. Un día, cuando tenía dos años, estaba jugando en un jardín, arrancó una flor más y corrió hasta su madre con ella. Supongo que debía estar encantadora, ya que la señora Darling se llevó la mano al corazón […]

24.02.18


Tremendo o primeiro capítulo de Here and now. Xa me fascinou Allan Ball con Six Feet Under. Aquí vai camiño como mínimo de igualalo. Encantoume o monólogo da recta final: “Fíjate a nuestro alrededor. La ignorancia ha vencido.”

23.02.18




Se algunha vez me olvido do valioso que é bicarte…podes pegarme. Douche permiso. Temos a Nosa Lei nas mans. Porque sería defender o que é teu: o meu cariño de amor por ti. Sería un acto de resistencia a favor da beleza e a vitalidade. Non é cuestión de propiedades, nin tampouco de posesión. É por lembrarnos da revolución que […]

21.02.18


Estou enganchado. Grazas a esta obra din o salto de non sentirme perdido tocando, poder centrarme en tocar e polo tanto poder sentirme un pouco músico. Felicidade!

20.02.18



É tremendo o que está conseguindo Matria. Aínda me sorprende, e lembro perfectamente o momento no que sentín que tiña que estar neste proxecto si ou si. Respirábase algo sincero, moito. E está facendo historia do audiovisual galego.

19.02.18


Precioso filme. Diana Toucedo métenos nunha historia que parece un documental, dunha cercanía que parece casual. Reivindicando a vida no rural, a luz da infancia que aínda alumea nos Ancares galegos. Pero non por moito tempo. Viva a beleza da sinceridade e do cariño.

18.02.18


Hai historias que non remato de entender, pero igual é cousa miña. Paréceme que para encher a pantalla coa falta de enerxía fai falta poñer forza en moitas cousas. A fraxilidade é moi complicada de manter no cine. Penso que isto é o que pasa con este filme, con boas intencións pero eu polo menos non conectei con el. Igual […]

17.02.18