Lois Blanco Arauxo


Visualizando para os Mestre Mateo. Ten toda a pinta de que Dhogs será a gran triunfadora da noite. Outra cousa será unha sorpresa. Un filme valiente, moi necesario para que no contexto galego nos animemos a facer cine con máis personalidade. Varias persoas me dixeron que o filme era “raro” e como tiña esa idea non me pareceu tan raro. […]

16.02.18


Unha das mellores curtas de animación que vin, espero que gañe o Mestre Mateo deste ano. Unha viaxe a través das pinturas que compoñen o muro de Berlín. Unha beleza.

15.02.18


Handia é unha marabilla. As historias ben contadas nunca pasarán de moda. Ten aire de gran película clásica. Unhas circunstancias moi claras, unha narrativa fluída e honesta. A fotografía é preciosa e a música sensible. Nótase que está feita con moito cariño e ilusión. Bravo, así da gusto. Un verdadeiro placer.

14.02.18



CONTRA O VENTO Estábana perseguindo, zoaban as follas coa velocidade. Berraban os detalles cun murmurio seco e tenso. Tres cans rabiosos cheos de prexuízos. De modernidade. Levaba o móvil na man, nunca se separaba del. Parecía que o ía case incrustado na palma, como unha marca que deixa o mar en forma de ferida de sal. O bosque estaba cheo de […]

13.02.18


Xusta gañadora Amaia de OT 2017. É bonito pensar que esta “Revolución Triunfo” sexa unha esperanza para a pureza, a sensibilidade e a sinceridade neste país chamado España xD.

12.02.18


Tenía las cicatrices abiertas y el paso firme. Aparentemente por lo menos. Había ido al bar a buscar sus recuerdos perdidos de la noche anterior. Le dijeron que no era cosa de ellos, hombres serios y bebiendo mientras charlaban de fútbol. Al salir le pareció que toda la calle era de césped. Comenzó a correr, tanto tanto que le desaparecieron […]

11.02.18





A vida sen preocupacións, poñer o ollo da cámara sempre onde da o sol. Slim Aarons representa o artista vividor, sempre no “bright side”. Capturar a beleza da vida, esté onde esté. Moi serio no traballo e divertido no día a día, Slim marcou unha época que xa non volverá. Unha determinada forma de vivir que agora queda enmarcada a […]

08.02.18