Hai vida para o entretemento máis alá da marca estadounidense. Neste caso unha coproducción Canadá-Nova Celanda. Todo volve, parece que os 80 se levan agora, polo menos en audiovisual. Heroicidade con valores, coa crítica ó mundo actual tamén. Seguramente é unha frikada, pero está ben feita e é moi divertida. Curiosa. Os elementos que pon en xogo xuntos parécenme unha […]
Lois Blanco Arauxo
Sabe a cine clásico, a conto de amor intemporal. A paixón do real e o imposible do posible. Honesta e verdadeira, transparente. Unha xenialidade.
14.09.17
A FRAXILIDADE DA MEMORIA. Podemos usar Dogville para expresar algo que me interesa moitísimo: o fácil que pode mudar a percepción que temos doutras persoas. Só fan falta detalles que nos toquen dalgunha maneira, gotas que poden ser moi pequenas pero tremendamente poderosas. Isto fala da nosa fraxilidade como seres humanos, pero tamén da nosa capacidade de aprender. Seguramente de […]
13.09.17
“O periplo do heroe non ten ese obxectivo. Non se trata de negar a razón. Polo contrario, ó sobrepoñerse ás paixóns escuras, o heroe simboliza a nosa capacidade de controlar o salvaxe irracional que todos levamos dentro” Fragmento de: Joseph Campbell. “El poder del mito”.
12.09.17
Preciso dese vestido verde que ilumina os campos da imaxinación. Precísote incluso sen el. As flores non importan cando tecer os silencios é un xogo posible. Imaxínote tanto, síntote tanto, que a imaxinación non chega. Voar tamén ten límites. Están nas distancias que me separan de ti. Nese limbo no que todo e nada son posibles, no que a convivencia […]
11.09.17
Sobrecolledora. Está feita con austeridade e moita forza. Non ten banda sonora apenas, todo parece seco e contido. As interpretacións son brillantes. Reflexa o sensentido de moitas tradicións, a forza da paixón feminina cando se ve oprimida e intenta ser controlada. A protagonista é excelente. A película non se anda con rodeos, vai directamente ó que quere contar e faino […]
10.09.17
Preciosa película. É un documental de animación, que conta a experiencia vital dun neno coreano que adopta unha familia belga. O rapaz sae algo rebelde, por sentirse nun contexto no que non remata de ubicarse. As intencións da familia son as mellores, pero el non se tranquiliza. Os debuxos son preciosos, e todo o que pasa é moi interesante. Altamente […]
09.09.17
Pois a min gustoume o final. Paréceme que hai xente que critica por criticar, sen unha base ben fundada. Tiña dúbidas desta temporada, xa que os guións sobrepasaron os libros. A min paréceme que van camiño de pechar a serie ben, cumplindo as expectativas da xente que son altísimas. Isto non é nada fácil. Gústame o camiño que nos leva […]
08.09.17
Que ganas de bailar…:)