Lois Blanco Arauxo


Está sendo o Festival de Teatro Galego no Carballiño. O plato forte é o gran Eroski Paraíso de Chévere. Acudide!   http://www.crtvg.es/informativos/o-festival-de-teatro-galego-fai-28-anos http://www.fetega.gal/ https://www.facebook.com/fetega.teatrogalego/?hc_ref=ARRXjZtVx8XK5oBTS-w7AWViwXo54C9xyXxeTTuaBnYAO05Bp-4y4jNxwANaKqdaUe0&fref=nf&pnref=story

06.09.17


Volveu Narcos. Sempre me sorprende a capacidade que teñen de dar información sen que pareza que é moita. Agora teñen o gran reto de “vivir sen Pablo Escobar”. O apoio dos acontecementos reais, e a boa selección do que contan é clave. O primeiro capítulo a min convenceume, na liña deles e cunha selección musical que sempre é moi boa. […]

05.09.17


David Simon é un dos mellores dialoguistas que coñezo en audiovisual. A naturalidade que consegue é realmente fascinante. Levo un tempo esperando The Deuce con ganas, e o piloto encantoume. Retratan o contexto cun detalle e precisión xeniais. Penso que conecto moito cos mundos que reflexa Simon porque sempre ten unha parte humanística coa que me sinto moi indentificado. Cada […]

04.09.17




Quería ir ver o documental e non puiden, e hoxe pareime a ver o trailer. Realmente a pedagoxía de Montessori é fascinante, que os nenos vaian aprendendo con tempo e nun contexto de tanta confianza e tranquilidade é o mellor. Teño unhas ganas inmensas de velo. O proxecto precisa dun apoio para a súa difusión. Animádevos!! http://www.montessori-documental.org  

02.09.17


Imprescindible. A cercanía da voz en off, fai traer ó presente algo que sempre é o noso presente: a historia. Está claro que se un país fose unha árbore, só pode ir ben de verdade coidando as súas raíces. É a única maneira de evitar que viva enfermo e débil. Parece que a inxustiza que está na orixe do nacemento […]

01.09.17





Unha comedia moi valiente. Partindo dunha situación de trastornos mentais, un grupo de mulleres (cada unha cos seus trastornos) revoluciona o centro no que están internadas. As dúas protagonistas son as que inician a aventura, escapándose nun autobús de liña aproveitando uns cartos que lles acaban de dar por traballar no xardín. O guión é moi brillante e tolo, moi […]

29.08.17