Lois Blanco Arauxo


Xa está aquí, despois dun marabilloso proceso de traballo. O primeiro videoclip que fago, e espero que non sexa o último. Un pracer inmenso, por moitos motivos :).  

23.07.17


Unha bandaza, despois de ver ás queridas De Vacas. Repousamos sobre a herba para facer cumprido o soño do seu avó, galego, e cantar en Santiago. El non puido volver a Galicia no seu momento. Pouca xente, porque parece que unha músico pouco coñecida aquí. Beleza, coa súa presencia e sensibilidade.  

22.07.17





Shakespeare segue sendo unha fonte eterna á que ir beber cando se precise. El ten a forza para poder transformarse todas as veces que queira. A intelixencia de Sanzol tecendo unha estrutura sinxela pero tremendamente efectiva, sobre a que pousar escenas moi ben dirixidas para construir unha base moi consistente. La Ternura vai atrapando, no que sintes nun principio que […]

19.07.17


Hoxe estreneime na MIT 2017. Cun espectáculo en grego con subtítulos. Estou moi dacordo coa señora que se sentou ó meu lado: “moi ben pero non para o teatro”. Ela ven querendo dicir que o fondo moi ben, pero a forma non. O feito de ter ás protagonistas das historias reais que se contan está moi ben, pero elas mesmas […]

18.07.17



Chegou, e a min polo menos non me decepcionou. Empezando forte, con sorpresas e os personaxes principais mostrando as dúas cartas claramente. Esta recta final parece que vai ser apaixonante, para disfrutala o máis posible.

17.07.17