Teño o pracer de facer o primeiro videoclip desta boa xente. Ilusión inmensaa!!
Lois Blanco Arauxo
Divertidísima. Vale que ten os mesmos ingredientes que a anterior, pero xa se chama Vol.2 por algo. Pasámolo en grande. A min encántame a estética e os golpes de humor frecuentes que ten. Ademais case todos son intelixentes, o que se agradece en algo así. É fácil collerlle cariño estes personaxes, porque teñen unha inocencia liderada por Groot que é […]
05.04.17
Roberto Salgueiro púxose poeta e sáelle ben. É un texto moi valiente, porque ten unha linealidade e profundidade que fai que o seu dinamismo se mova por unha liña fina dramática, que se sostén durante toda a obra como un poema que sabe renovarse con cariño e paixón polo teatro. É moi bonita, deixa unha sensación de verdade e sinceridade. […]
04.04.17
A cabeza do dragón, a fantasía e o poder do teatro como mecanismo de xogo. A obra vaite metendo lentamente no seu mundo, e vaste facendo co seu poder case sen darte conta. Partindo dun código de traballo convencional, e non por iso negativo, o texto de Valle flúe cunha antigüidade fresca, coa interacción entre os actores e a fluidez […]
03.04.17
Estreouse o esperado Martes de Carnaval. Estou moi de acordo co que dixo unha amiga, de que é moi “botar por fóra”. Para min foi moi significativa tanta máquina de fume, que é o que me parece o espectáculo, unha máquina de fume. En certos momentos ten o seu encanto, e un atractivo forte de determinadas imaxes. Marta Pazos móvese […]
02.04.17
Abrir abril cos nosos Límites do Frío!
01.04.17
Tamén rematei Girls. E quedei pensativo un rato. É unha serie que funciona moi ben de espello, cun retrato actual moi pegado á mentalidade e o ritmo contemporáneo. Parece saída dun lugar moi cercano, aínda que fale de chicas de nova iorque. A ficcion en feminino é inmensamente necesaria para facer evolucionar determinados clichés que están estancados precisamente por unha […]
31.03.17
Rematei de ver The Get Down. Realmente a segunda parte decepcionoume un pouco. Supoño que é normal polo forte que comeza a serie, digamos que dándoo todo sen dosificar. E isto nótase no baixón que noitei nos primeiros capítulos desta segunda parte. De todas formas a serie engancha, ten algo de antigo ás veces no mal sentido, cunha narrativa fráxil […]
30.03.17
A lenda do Galo de Barcelos narra a intervenção milagrosa de um galo morto na prova da inocência de um homem erradamente acusado. Está associada ao monumento seiscentista que faz parte do espólio do Museu Arqueológico, situado no Paço dos Condes de Barcelos. Um dia, os habitantes de Barcelos andavam alarmados com um crime, do qual ainda não se tinha […]