O venres seguín empapándome de teatro. O Cabaret Salomé, que acaba de gañar o Xuventude Crea 2016 preséntase con forza, coa ilusión de facer. A dramaturxia de Helena Salgueiro mezcla o Salomé de Oscar Wilde, os seus elementos máis importantes, con música de diferentes musicais coñecidos como poden ser o propio Cabaret, Chicago e outros. Un equipo de artistas, músicos […]
Lois Blanco Arauxo
Onte fun ó teatro. Fun ver Eroski Paraíso, de Chévere. É un espectáculo que se me escapara, destes que son esvaradizos, que se non os colles de primeira despois parece que non das ido. Pero iso é defecto meu. Non quero falar diso. Chévere é capaz hoxe de facer de algo aparentemente pequeno algo espectacular, e iso é característica de […]
09.12.16
Maravilla. SEGISMUNDO: Tu voz pudo enternecerme, tu presencia suspenderme, y tu respeto turbarme. ¿Quién eres? Que aunque yo aquí tan poco del mundo sé, que cuna y sepulcro fue esta torre para mí; y aunque desde que nací –si esto es nacer– sólo advierto eres rústico desierto donde miserable vivo, siendo un esqueleto vivo, siendo un animado muerte. Y aunque […]
08.12.16
Acercarse ó ruído. E non temelo. Formar parte del, das súas sicofonías e das súas sinfonías. Porque a vida está chea del, por todas partes. Coller os disturbios e reciclar, coa paixón de quen escoita o que faga falta, sen temer nada. Coa valentía de quen se mergulla, a forza do líquido. Os ecos das cidades, o vento entre as […]
07.12.16
O amor non cambia, muta. É como o tema de Drexler todo se transforma. Nos anos do século de ouro, territorio de artes e excelencias era algo, e a esencia dese algo non mudou. Igual si as circunstancias. Quizais. Tampouco moito, seguimos precisando máis ou menos o mesmo. A esperanza de completarte con outra persoa debe ser a salvación do […]
06.12.16
Onte empecei a vela. Xa lle tiña ganas e sorprendeume positivamente. Esperaba algo bo pero non que me agarrase tanto. É curioso o pulso actual entre HBO e Netflix, como representantes das canles de pago e as plataformas de internet. A ficción se beneficia deste pulso, parece que o futuro é o segundo pero as canles levan anos facendo ficción […]
05.12.16
Domingo moi domingo. Chegou a batería a casa, por fin. Xa foron anos que a esperaba. Díxome hoxe miña nai que de neno destrocei unha de plástico que me regalaron por reis. Esta vai durar tempo, aínda que sexa polo moito que me custou montala, viña sen instruccións. Foi un reto marabilloso. Xa teño o campo de xogo montado. Axudou […]
04.12.16
Estos días parece que se abriu unha ventá á infancia e está entrando o vento por ela. Onte chegou a casa a batería electrónica, foi un soño dende neno ter unha batería na casa, e chegou por fin. A escritura tamén volveu, parecen ir xuntas da man, o ritmo e a palabra, como si fose algo indivisible. A novela vai […]
03.12.16
Hoxe encontro importante no culturgal, cos representantes políticos do ámbito cultural das catro deputacións galegas. Comezamos a mañan cunha charla de dúas representantes catalanas da xestión cultural, tanto dende as institucións como dende a unión de compañías profesionais. Para empezar que este encontro é necesario, para lanzar e establecer análise. A vagaxe do ámbito catalán serve para darnos conta de […]