Lois Blanco Arauxo


O sol insiste, parece que o cambio climático está para quedarse. Tamén parece que non queremos tomarnos isto en serio, que se veñen catástrofes pois que veñan. Esta cousa do ser humano de aferrarse cegamente a certas cousas é curiosa, fascinante, outras veces realmente patética.

08.10.16


Chámame a atención que o PP use a morte de Rita Barberá como un instrumento máis de ataque a unha oposión, xa sabidamente débil. É unha actitude pobre e deshonrosa, como xa veñen demostrado moitas veces. Nin eles mesmos se respetan entre eles, parece que están xuntos porque interesa económicamente e pouco máis, realmente pouco máis. Unha especie de unión […]

07.10.16






Sistiaga parece un arqueiro contemporáneo, sempre coas flechas preparadas para destapar realidades entre a néboa. Moi necesario para mostrar o tecido máis fino do real, para revelar o que se queda debaixo de moitas capas de indiferencia. Abrir os tabús, gran plan, gran programa. Grazas Jon.  

03.10.16



Dous xenios man a man, confrontando os mecanismos da súa paixón: o cine. Este encontro deixou claro a practicidade disto, de sair por un momento do camiño e poñer en común ferramentas. Isto fixo mellorar e aprender a moitos cineastas. Os encontros coa mellor vontade e con paixón fan grandes cousas para a humanidade.  

02.10.16