Lois Blanco Arauxo


Que ganas de ver esto. En tempos de espectáculos que tenden ó minimalismo creativo, temos esta festa, esta barbaridade. Xenial poder vivilo, a ver se fago espazo para ir a Madrid :). Grande Peris-Mencheta, facendose cada vez máis clásico entre os directores do noso panorama.  

11.09.16


Outra serie. É xenial o formato de drama de 25 min, porque comprime a historia dunha forma na que chega como a resumir o mellor, non da pé a posible tramas secundarias que non funcionen, vai directo ó que quere contar e iso é fascinante. A min atrapoume, de querer ver un capítulo e despois outro, un detrás de outro. […]

10.09.16


A Rai decide meterse nunha superproducción. Enténdese que usa o inglés por un tema de financiación internacional, cando o lóxico sería facelo no orixinal italiano, e máis nunha historia tan importante e tan identitaria para o país. A min é unha serie que me parece que está ben elaborada, ben interpretada, pero algo me falta para ser unha gran serie. […]

09.09.16



Cando descubriron a pintada ela xa non estaba alí. Sempre chegaban tarde. A forza da paixón ía por diante. Eva sempre esperaba cerca, por iso non a atopaban. Buscaban cun radio de fuxida, e ela non tiña ningunha intención de fuxir. Sentiron o medo, porque non sabían que pasaría despois diso. Estes anos eran dunha transición que ninguén entendía moi […]

08.09.16


Aprender a coller as baquetas. A forza no pé para soster o vibrar do bombo. Sincronizar algo que parece que sempre estivo aí para min. Benvida batería, por fin, á miña vida. Prometo serte fiel.

07.09.16


Volver á poesía como quen volve a un camiño querido, coidando os detalles para que a ilusión volva, que non se perda, que se manteña no ar da amizade. Poñer as velas e soñar. Darlle o tempo que merece, e a pausa para que respire como os viños. Delegar na mirada para que ela conte o que teña que contar, […]

06.09.16



Cando no verán non se descansa, chega a resaca en setembro. O corazón non perdoa o que lle pides, sempre ten memoria. O festival máis grande do mundo casualmente pasa facturas, e cousa é poder ilas pagando, non vaia ser que o teu propio corazón che bote da casa por non aparecer á cita.  

05.09.16



Sentía por dentro a motivación da rebeldía. Eso que te leva a contradicir porque o que se debería facer non é sempre o que se precisa. A veces a contracorriente funciona salvaxe, e quere falar por si mesma. Está ben, esa forza é indescriptible. Hai que deixalo, que o descontrol tamén poida falar dos seus himnos.

03.09.16