Lois Blanco Arauxo


Realmente parece que, se buscas ben, a vida vaite preparando para o camiño. Agora só quero estar contigo, e que te enfades pasivamente o que queiras. Eu vou sorrir. Para verte sorrir. Vai ser a miña práctica habitual. Cos hábitos espidos e con eles tamén. Quérote.  

02.09.16



Rematou agosto. Para min neste caso o contrario dun mes de descanso. Un mes de aprendizaxes inmensas, de experiencias boas e reveladoras :). De evolucións. De camiños cada vez mellor enfocados. De celtas e escocia. Fortalecementos. Novidades. Xa teño o traxe preparado para todo. E ganas máis ca nunca.  

31.08.16



No avión estaba un tio interesante, un empresario de éxito. Un entusiasta que lle decía caballero continuamente ó seu interlocutor. Pregúntome si eso é elegancia, entendo que a elegancia é unha actitude, non esperar a que che vendan ben os productos do avión para portarse un como se debería esperar como cliente. Hai drogas de todo tipo. El nin se […]

30.08.16


A golpe de resaca. Máis de experiencia que de alcol, aínda que tamén lle chegou. A música pode ser música para o número que sexa, máis ou menos, tanto ten. Evidentemente o eco non é o mesmo, pero a sensación si pode ser a mesma, ou polo menos parecida. A cousa é a resistencia da emoción. Eso que te sostén […]

29.08.16


Cando a voz comezou a cantar, saindo entre o telón vermello brillante o público calou. Foi case inmediato, como a golpe dunha autoridade silenciosa e calmada. A chamada da fantasía, coa forza da delicadeza. A admiración da imaxinación cunha forza expresiva que a acompañe é seguramente unha fórmula oculta da beleza, unha tecla que parece imposible pero tamén que toda […]

28.08.16



Días de reflexións. Primeiro que Escocia se parece máis a Galicia do que nos pensmaos. Realmente temos un vínculo asociado ós Irlandeses, que eu persoalmente prefiro vincular cos escoceses. Supoño que é unha cuestión ideolóxica. Conversas con Camilo sobre a clase proletaria, que olvidou que o é, e seguramente por iso deixou de enfadarse. Moi interesante este tema. Por que […]

27.08.16


As series de Netflix están de moda, seguramente sexa a liberdade que poden ser á hora de programar, ó non estar tan condicionados pola publicidade como pode pasar coas cadeas. Menos intermediarios digamos. Esta serie é a maior inversión de Netflix, unha gran aposta. Para isto contan co director de Moulin Rouge: Baz Luhrmann. Ambientada no Bronx dos anos 70. […]

26.08.16


O 80 que volven falar outra vez. Así, cun ritmo e poder de atracción realmente sorprendentes. Para innovar só fai falta mirar un pouco cara atrás ;). A serie é un golpe claro e directo a unha nostalxia activa e fresca. É curioso que a nostalxia poida ser fresca, pero si, aquí si. Seguramente é un dos seus logros máis […]

25.08.16