Colle un recordo que quede no medio, nese espacio de xogo. Que non sexa vetebrador, que non sexa banal. Que quede no espacio do centro, ese amplo lugar de convivencia. E alí abre as portas, descubre algo de ti que poida ser novo, realmente non o é, pero paréceo. E iso xa é máis que suficiente. Sairán eses lugares polos […]
Lois Blanco Arauxo
Vibrar. Fixeime e só vibraban. Co compás das aplicacións. Era un efecto sorpresa, a min tamén me pasaba. No reloxo o futuro era presente, e eso que sempre pensamos que queda no pasado. Un exercicio de efectos especiais, o salto. Intentaban que lles pasase ó mesmo tempo, pero nada. O timing da casualidade faise desacompasado. Coa velocidade dos reloxos acuánticos. […]
12.06.16
Ata que non quede máis, vernos coa festa nos dentes, salvar o salvaxe de nós mesmos, e que sempre queden ganas de xogar.
11.06.16
Eu son desas que chega tarde. Das que coa calor olvidan as fotos, as descripcións do calendario. Esa que repousa, e deixa as mans no repousabrazos do tren. Miro como pasa o ritmo, e sitúome na inversa, na cara oculta do frenetismo. Sitúo a mirada nun punto indiferente, no lugar onde ser neutral é cousa de todos. Coller o bolso […]
10.06.16
Sei que a fecha non coincide, pero tento recuperar pouco a pouco o ritmo perdido ;). É ben bonito que pasases a ser un recordo alí olvidado no caixón, unha referencia diría que neutra nunha estantería de imaxes, a ser un fixo imprescindible no día a día actual. Creo que ten un valor incalculable isto :). Realmente non hai necesidade […]
09.06.16
Coller o centro do teatro e facelo noso. Aínda que sexa unha ínfima parte. Estar do lado das boas e dos bos, do lado da maxia. Ter as forzas para soster o soño. Edimburgo ten a fascinación por bandeira, por iso non podemos deixar de ser os abandeirados dela. Non queda outra opción. Senon os nenos que temos dentro lamentarán […]
08.06.16
IT ISN’T LOGICAL Se posan las manos en gesto suave. La eternidad està en detalles. Sonreir puede ser la pausa más bonita del lugar. It is love. Más allá de los tópicos vive la fuerza que duerme. Hai saltos que son para volar.
07.06.16
Un ruído inmenso na rúa, a infancia vai dun lado para o outro impregnando a sociedade. Parece que saltou o meu pasado a xogar no presente. As horas co Pokemon na infancia volvéronse 3d en forma de furor. Gatos que navegan con perigo polas rúas, a ritmo de jazz desacompasado. Disque toleamos. Dicía unha amiga que agora todos estamos tolos, […]
06.06.16
Fas tanto ben cando durmes, tanto que describir o que pasa é perder o tempo. Non merece a pena. Está aí. É a definición de paz, mentres eu me quedo coas batallas ti só queres vivir coa paz. Cando se atopan a forza e o silencio todo parece perfecto. Aínda que non o sexa, ese parecer ocupa un lugar no […]