“Ese momento no que sorrís e ninguén se da conta, é moito mellor victoria que conquistar un país. A rima fácil é o máis áxil.”
Lois Blanco Arauxo
“Non sabías que o que parecía real tamén podía ser unha caricatura, unha línea sen peso nin transcendencia. Pensabas que o peso da roupa era ese, e tiña que ser sempre o mesmo, que no fondo non querías dibuxar o patio de luces con todas as pezas que se perderon na lavadora. Deixar centrifugar sen chegarse a marear, parece unha […]
28.04.16
“Cando atopas a calma naquelo que che encanta tes a sensación fugaz de saber algo sobre a vida.”
27.04.16
Os finais son de cada conto diferentes, pero todos teñen sensación de final. Esa delicadeza que parece que ten todo, que parece que te caes pero non é así. Un final non é final se non se parece a un final. Non só che queda claro a ti, ao público tamén. Como si a xente que está ó teu arredor […]
26.04.16
“O correcto é todo aquilo que ten sentido para a vitalidade, e listo.”
25.04.16
” Sen durmir o sono olvida as frases dos bares. A barra libre do mirar cara adiante. Sintes vibrar a pel e parece normal, necesario. Cando o vocabulario falaba de ti as rúas tiñan o sangue das nosas noites, o pulmón espido dos concertos. O fío era aquel respirar en calma. ”
24.04.16
” – PERSOA 1: Deixar o violín á beira do mar é o que ten. – PERSOA 2: Si, aparece un hipster e xa lle chama arte contemporánea. – PERSOA 1: Se o deixas moito tempo igual aprende o vento a tocalo e verás que ben. – PERSOA 2: Se agora vas empezar a ser unha cursi mellor deixamos o […]
23.04.16
“O bus ten o encanto de compartir os silencios con outras persoas. Un rapaz discutía e discutía co seu pai por teléfono. Ao parecer non chegaba a buscar a metadona para o fin de semana. Levantouse tarde, tiña que coller un taxi e non lle daban as contas para todo. Dixolle que sempre lle obligaba a levantar a voz, que […]
22.04.16
“Se chove, que chova algo distinto. E que nos acordemos, que faga resucitar algo durmido, que non nos deixe durmir. Os ollos poderían ser gotas que brillan, e que non pasa nada. Todo ben. Entender a fascinación como algo normal, e non como algo tolo. E alí vivir. Sabendo que a normalidade pode ser outra cousa, que fagamos un cambio […]