“Seguimos construíndo as rúas nas que levamos varios anos vivindo, o saber da impotencia, a ausencia da conciencia. Unha reunión ent no norte de Galicia. Non hai límites se podemos renacer entre as normas do olvido. Novembro está cerca”
Lois Blanco Arauxo
“Pregúntome como debe ser a vida nun cadro abstracto, será algo parecido a confiar nos paraísos fiscais. Ten pinta de que para algunhas persoas a vida real é aterradora. Xente pobre, escapa escapa, que non quero ensuciar o traxe con antisistemas. Podiamos empezar a darnos conta que igual os antisistema son outros. Eu déixoo aí. Vivimos tempos de refuxiarse, como […]
19.04.16
“Cando sae o sol, e máis despois de moito tempo, aparecen as ganas de saltar. Pasa que pode dar vergonza, pasa que acostumarse a saltar nun espazo público parece perigoso. Subir ata a copa da árbore máis alta do parque pode ser perigoso, non o fagades na casa, básicamente porque seguro que no piso non vos colle a árbore máis […]
18.04.16
“Os domingos son como unha navalla, podes usalos para cortar froita, ou cortar as raíces do teu cantar.”
17.04.16
Os días capicúa poden ser ocos para a reflexión. Espazos brancos e circulares. Coa alma contida as verdades teñen menos espazo para a liberdade. Ser esas raíces que tocan o aire. Non estamos sós. Ás veces dubidamos incluso se os demais nos poden ver, se podemos chegar a ser invisibles, e poder podemos, pero depende do que mostremos. Ese reflexo […]
16.04.16
“Os detalles reflexan, sempre máis do que parece. Ó formar parte de nós, tan cerca, mecanografan os nosos andares. Debuxan a estadía: O estado do día a día. Que é o que sabe a lúa de todo isto? Seguramente bastante. Podemos probar a mandarlle un email, a ver se contesta. Brancura das augas, e porta da luz das vidas, escoita. […]
15.04.16
“Aprender o que é a suavidade é unha tarefa complexa, un gran reto. Pensar en como será a vida dese tio que conducía o coche co que te cruzaches, que soltaba o aire do pitillo como alguén que bota fume pola voz. Imaxinades que fósemos máquinas de fume, que identificásemos a cada persoa polo rastro que deixa de cor, sería […]
14.04.16
“Están as chaves olvidadas na repisa, diante dos cds. Parece o lugar dos obxetos resentidos. Hoxe parece día de canción de Jorge Drexler. Ese ambiente cíclico que mezcla ilusión e tristura, esto tan moderno e tan antigo. Din que cando algo se pecha algo se abre, e pode ser. Ten sentido. Fiarte da percepción. Debe ser que percepción e opinión […]
13.04.16
“Nas árbores fan falta paxaros. Polo canto e os niños. Neste caso para facer voar as palabras, e que as ás leven letras e verdades con elas. E que por fin as mans se pousen xuntas. A cultura debe gañar o seu sitio, facerse presente para afirmar pasado e futuro. Percibir os sedimentos. Reivindicar as sensacións”