“Os límites do frío. Ou como preguntarse sobre as táboas de salvación. Como adicarlle unha dramaturxia á desesperanza. Cando hai cartos nun sitio non os hai noutro, temos unha cidade da cultura en obras e compañías que non cobran os bolos en meses, eche así. Parece que nunca se nos deu ben dirixir as obras, igual estamos demasiado pendientes das […]
Lois Blanco Arauxo
“Un Lego. Ese é o xogo. Unha alfombra chea de carreteras. E volver a construir. Coller as pezas e facer que encaixe. Sabes que tes as que tes, e non podes facer outra cousa. Non podes inventarte pezas, debes inventar con elas, e listo. Pode ser que non saiamos de alí. Desas vivencias, e que todo sexa volver comezar. E […]
10.04.16
“Eran meses de oscuridade. O namorar vai nos ollos. Cando un non ten onde reflexarse parece que algo falta, algo queda por facer. Horas e horas de samba, para buscar a expresión artística, para buscarlle o sentido á vida. Libreta na man, ás preparadas para caer, búsqueda activa. Descubrir que é todo eso que durme debaixo das mantas escuras. Debaixo […]
09.04.16
“A sensación que queda no bus é esa suspensión do tempo durante o traxecto. Parece como si non quedase nada de ti. Os lugares de paso non gardan recordos, pero si ansias e medos que temos para chegar a eles. Son neveiras de soños. Pelexas que permanecen no silencio, esperando o momento de que nos entren ganas de tomar un […]
08.04.16
“A intuición ten esa maxia de situarte enerxéticamente noutros lugares, transportando o teu presente. Iso si, é imprevisible. Non sabes onde vai acabar pasando, pero pasa. Esa necesidade inmensa de facer algo, esa suavidade que non precisas en momentos importantes. É unha especie de patrón guía invisible, que che indica o camiño sen condicionarcho, deixando que ti o percorras, porque […]
07.04.16
“Tenden as tentativas, tende o azar. As pinzas están a colgar. A loucura dos pés dos indecentes. E coller a ría como un volcán do que sae o azul do ceo, e nos transforma. A delicadeza de poñer o acento no cadro que estemos visualizando. Deixar ir e recibir. Recibir e deixar ir. Eso son as transicións, unha recepción constante, […]
06.04.16
“Eu non creo no destino. Pero é certo que hai cousas que parecen feitas para pasar, e outras. Cando non se pode, non se pode, e listo. Xa chega con poder as cousas que se poden. Pensemos no jazz, no sorriso de facer o que nos gusta e trazar o camiño que de verdade queremos vivir. A coherencia do andar, […]
05.04.16
“Falamos de cultura. Esa cousa. Que algo pasa aquí que non acaba de funcionar ben. Supoño que, como moitas cousas complexas, será cousa de mirar na historia e aí entenderemos. A fugacidade, as novas tecnoloxías, a fama…pensabamos que tiñamos moito tempo pero tampouco era tanto, os temas profundos dan para liarse todo e máis, por iso o son. Seguramente sexa […]
04.04.16
“Caminar en liberdade é coñecer os elementos que constitúen as túas dinámicas, e aproveitalo en consecuencia. Remover o básico sen olvidarse del. As diapositivas que compoñen os espellos. E alí brillando o sorriso daquel día. Levantarse e sentir que o que vai pasar facía anos que querías que pasase. E está pasando. A revolución é xirar pouco a pouco o […]