“Non me despido de ti porque non es de chocolate. Quizais se chegases a ser dulce podería comerte os beizos antes de irme. Pero onte bebiches demasiada fanta de limón, e sentouche mal de carallo. Igual te desintegraches na desilusión. Na falta de perspectivas. Só tiñas que respirar un pouco máis. Ou simplemente non era o momento, non podías ser […]
Lois Blanco Arauxo
“Lady Shakespeare colle forma. En agosto Edimburgo. A voar a un dos templos do teatro contemporáneo. E nós a xogar cun mundo de contrastes, a coller a maior paleta de cores e de emocións que debe ter o teatro para pintar o noso cadro, a visión feminina e propia do que é ser Shakespeare. O que a viaxe nos diga. […]
14.03.16
“Parece incríble o fácil que é moverse a día de hoxe. Levántaste cedo en Edimburgo, e de noite estás movéndote co teu coche, por outro sentido diferente da carretera, como se nada tivese pasado. Nótalo no corpo iso claro, tes o peso dos quilómetros enriba. Podemos pasar do exilio ó refuxio en horas, vivir as dúas caras da morriña case […]
13.03.16
“Día de función. Movémonos pola morriña dos galegos, é dicir, galegos que se moven porque outros se moveron. Será o espírito dos cadros que nos leva a circularidade. Á comunidade dende logo que si. Galegos que perden cartos por estar con outros que intentan gañalos, e nin se coñecen. Parece a camaradería dun barco, da forza que fai unir mans […]
12.03.16
“16 prazas. Recordoume as viaxes do instituto, pero moito mellor. Poñer o cinto do outro lado é un pouco lío, pero a todo o bo se acostuma un fácil. Digo bo polo agradable das visitas. Os lagos escoceses, fumos a varios pero hai moitísimos deles, unha chea, sonche moi húmedos. Con encanto de conto iso si. Os contos fantásticos danse […]
11.03.16
“Edimburgo ten un gris máxico, e un ruído calado que deixa falar e pasear. Parece un parque a atraccións real: polo palpable e polo señorial, ambas cousas. Nós somos un grupo heteroxéneamente tolo, diferentes profesións e idades, unidas polo humor e a camaradería. As ganas son o pan de cada día da felicidade, a cura para que nada teña que […]
10.03.16
“A viaxe é o sentido da velocidade, a alma do camiño, ilusión dos ollos que se renovan. Se collo a tua man non a solto. Quedarme sen fala e só falar de ti. Querer dicir calquer cousa porque todo o tempo quere ser contigo. E así é o conto.”
9.03.16
“Déixame subir ó alto. As transicións non son fáciles pero poden ser determinantes. Sempre o son. As circunstancias poden cambiar só porque toca, e a cabeza pasa a xirar cara outro sitio. Mellor. Cando iso pasa sempre mellor. Rizos que enredan a alma ata ver a vida doutra forma.”
8.03.16
“Cando vou ensaiar parece que o resto da todo igual. Pénsase en encher ese tempo de cousas con sentido, de aproveitar o espazo baleiro do escenario, para encher o espazo baleiro do tempo do espectáculo. O director actúa no ensaio, para que o actor actúe no escenario, é unha cuestión de traspaso de poderes, de relevos para chegar á meta. […]