Bio


Lois nace na capital galega, debeu ser para poder moverse con máis comodidade, porque viaxou pola xeografía galega ata afincarse, xa adolescente, nas cercanías de Santiago. Igual por iso lle ferve tanto a cabeza agora. Viaxa, dentro do mundo da cultura, entre o audiovisual (Ciencias da comunicación), o teatro (dramaturxia e dirección) e a literatura (gañando premios en certames como o de Ames). Os puntos de encontro case sempre dan cun papel en branco, co que leva relacionándose dende os 9 anos. A súa última curta está movéndose en mercados e festivais do mundo, á de ser o pasado que nos leva inevitablemente ó futuro.

Lois-Perfil