Pensamentos

Categoria por defecto para entradas de blogue


Resposta atrasada a unha carta que non precisaba resposta: Escoito a túa música e sei o que significa a paz. Digo a música da túa personalidade, do que se che move, ou non, por dentro. A túa musicalidade, os silencios, a forma de pensar. A voz que sempre acompaña. Seguramente as nosas mentes sexan complementarias non sei, e por iso […]

22.10.17



Cuando se dio cuenta de que estaba sangrando ya era tarde. No es muy habitual que te apuñalen por la espalda sin avisar. Por lo menos podrían enviar un mensaje por si lo puedes esquivar o algo así. Creo yo vamos. Y más aún cuando la sangre te da asco. Yo no es por quejarme pero es que hay días […]

20.10.17



Deixou os zapatos de tacón na mesa da cociña. Amarelos. A melancolía gardouna na neveira, por se apodrecía alí entre os iogures do Froiz. As cartas soas facturas seguían alí, pegadas ós cereais. Xa debían ser amigos, ese diálogo silencioso entre os pagos inxustos e un intento desesperado de baixar algúns quilos. A balanza do baño non pensaba o mesmo. […]

19.10.17


Execelente docu da HBO sobre o gran Steven Spielberg. Van seguindo o seu camiño vital e profesional cunha profundidade e dinamismo excelentes. É un retrato moi ben feito e equilibrado sobre un dos directores máis importantes e influíntes do século XXI. A súa capacidade de visualizar o que quere plasmar é fascinante, esa capacidade para que a propia linguaxe persoal […]

18.10.17


A min gustoume, ten momentos divertidos. Tiven a sensación de que é algo “friki”, no bo sentido, valente na proposta. Con personalidade. O que non me convenceu é a trama, digamos que nas escenas e nalgunha situación ten brillantez, pero no xeral dilúese. Ou polo menos eu perdinme. Tampouco é que me encante o traballo de Cobeaga, aínda que sempre […]

17.10.17



Tiña que ir. Era o seu. Vivir a volta dun clásico había que facelo no cine, na sala. Tamén porque falaban marabillas da fotografía, experimentalo alí. A película quere ser clásica, sen ter seguramente esencias reais disto. Moita trascendencia, ben enfocada e ben contada. Para o meu gusto moita, cun discurso bastante pesado. Formalmente é fascinante, moi atractiva. A min […]

16.10.17


Repasando pelis do director do novo Blade Runner. Penso que ten moi bo gusto para escoller os planos, e unha elegancia na montaxe. O xogo co amarelo é moi recurrente aquí. É unha historia sobre o poder e as consecuencias do caos actual, con certo foco na perversión que isto pode provocar. O protagonista atopa un xemelgo que é actor, […]

14.10.17


Ninguén dixo que fora a ser fácil. Sentir o pouso do importante que é isto, e que todo o que compensa é porque hai que ter paciencia. O sabor dos soños pode ser agridoce. Os feitos teñen esa densidade que ás veces as palabras non teñen. Quérote tanto que ata percibo as túas sensacións sen vivilas, debe ser por isto […]

13.10.17