Pensamentos

Categoria por defecto para entradas de blogue


Comeza agosto, con calma e paciencia. Aprendendo a manexar moitas emocións. Entendendo os movementos intensos da respiración, as sensacións de poder con todo e de tocar a debilidade xuntas, xogando con eses límites.

01.08.17


“Algunha xente se pregunta cal é a mecánica da paz. Alí, na fronteira entre o ben e o mal ninguén sabía diso, porque non tiñan tempo nin capacidades para pensalo. Nos territorios a liña divisoria fai funcións de irrealidade, de invento en favor dos intereses que máis interese protexer. A protección é a eterna excusa, o conto de fadas sen […]

31.07.17


Nalgún momento entraches no meu respirar e non saes. Cando falta o aire e tamén cando todo flúe e a imaxinación parece presente. Parece que hai camiños inevitables, nos que a súa esencia brota aínda con máis forza cando se queren parar, aínda que pareza coherente e todo. O soñar é mellor contigo, e a realidade tamén. Onte sentín tamén […]

30.07.17



Seguimos sentando bases, con inspiración claro. Ser un RockNRolla é querer todo, coller a ambición polos cornos e poñer a moralidade a un lado polo pracer de sentir ese poder. Outra cousa son as consecuencias que iso poida ter. É moi brillante o ritmo, a continua diversión narrativa na que a historia vai fluíndo. A ironía, ese morbo que ten […]

29.07.17


Estudiando para proxecto novo. É moi interesante o ritmo co que se move este filme. Vai contando todo sen parecer que o está contando, con densidade e fluidez ó mesmo tempo. Retrata unha realidade moi dura, sabendo ser crítico e entretido a partes iguais.  

28.07.17


Noite de furanchos, moi reveladora por certo. Díxome Roberto que me ía levar a furanchos de verdade, eses de viño barranches e conversas sen fin. E así fixemos, coa calma e o cariño. Moito falamos de Onte e Hoxe, entre outras moitas cousas. A sensación de ser compadres e de compartir ideoloxía e puntos de vista é fantástica. Estar en […]

27.07.17



Pontevedra. Día de amigos, coa sensación de que se podería repetir moitas veces máis. Foi curioso celebrar o día de Galicia con Funk, a verdade é que non nos viría mal un pouco (ou bastante) desa forza e ritmo.  

26.07.17


Hoxe día da Patria, tocou charla con café e licor café. Gústame pensar que imos no camiño cara unha terra máis libre e forte, pero as realidades tampouco son moi esperanzadoras. A ideoloxía na que crían Castelao e outros galeguistas, parece hoxe difusa, presente si, pero o soño segue sendo un soño. Non parece que se avanzase, e cando isto […]

25.07.17


Tremendo concerto que se marcaron estos. Profesionais, divertidos, precisos. Non me extraña nada que enchan por onde van. Pasámolo en grande, cun concepto de espectáculo mezclado coa esencia e a artesanía xeniais. Moi bo gusto, moito cariño e elegancia. Noite máxica.

24.07.17