Emoción.
Pensamentos
Hai días que se destapan sós, igual que hai outros que se encollen. Efecto lavadora digamos, pero de forma máis natural. O que está claro é que é mellor non gardarse cousas. Tendo coidado con non pasarse cando saen claro, como a idea de encauzar un río. Paralo é antinatural, pero que desborde é peligroso. Por iso hai persoas nas […]
13.07.17
É unha cápsula de aire, reter o deslizar da túa música. Quixera aprender do tempo para marcar nos fíos da túa dozura o día. e alí quedar coa paz. Teño a caricia suspendida, en espera activa, co discorrer dos momentos.
12.07.17
A transparencia é o segredo para poder aprender con alguén, e que o tempo pase sen que o pareza.
11.07.17
Hai procesos que parecen avanzar sós, e eses son os mellores.
10.07.17
VENTO Nº4 Se tivese que pensar un final sería nunha praia, contigo, nunha praia que toque o océano, que teña area oscura e na que non haxa ninguén, só nós para percorrer un baleiro natural. Encher con todos os nosos poros os ocos que hai entre area e area, entre baño e baño, entre caricia e caricia. Se tivese que […]
09.07.17
Chegou o día. O señor Gustavo en Santiago. Facía algo de frío pero daba igual. Eu diría que este home é un xenio, e dubido que me equivoque. Intenso e brillante, delicado e preciso. A paixón que sinte pola música Dudamel parece un regalo para reivindicar a búsqueda da beleza. A elegancia moral xunto coa xustiza artística. No discurso xa […]
08.07.17
Onte volvimos ver Río Bravo. É un clásico. Atemporal. Xa era a terceira vez, en case 30 anos, e pareceu a primeira vez. Isto demostra unha frescura atemporal. Pasámolo en grande. Analizando un pouco a obra mezcla diferentes tipos de gags coa música, e isto fai un non parar de rir. Dixo Miguel de Lira nunha entrevista que esta foi […]
07.07.17
Onte o amigo Paulo fixo un concerto precioso. Sensible e elegante, con gusto. Coa calma de facer música con cariño e sen pretensións. Un trío que pasou a ser cuarteto, son son precioso do vibráfono de Ton Risco. Foi precioso. Alí estivemos, valorando a pausa e o jazz feito con amor. Máis cousas de deberían facer así, eu penso. Parabéns […]