MESTRE!
Pensamentos
Investigando para nova curta… http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/02/14/detenidas-crimen-poio-confiesa-ambas/966674.html
16.06.17
Amenceres…cos sentidos abertos.
15.06.17
Para min o mellor do Atlantic Fest, o señor Coyote 🙂
14.06.17
Mestre García Márquez: …Aureliano escapaba al alba y regresaba a la madrugada siguiente, cada vez más excitado por la comprobación de que ella no pasaba la aldaba. No había dejado de desearla un solo instante. La encontraba en los oscuros dormitorios de los pueublos vencidos, sobre todo en los más abyectos, y la materializaba en el tufo de la sangre […]
13.06.17
Chegou ata a punta para berrar. Só para berrar. Alí foi parte do mar. Sen máis. Din que ata desapareceu, que a forza que puxo para soltar os nervios foi tan devastadora que xa non se soubo máis del. Uns din que esvarou polas rochas, outros que sinxelamente estourou e os cachos quedaron para os peixes do mar. Tanto ten, […]
12.06.17
Se puideses tocar o vento que case me toca, os coches que case caen á auga por ti, saberías o moito que se queixaron as nubes porque cando chegaron non estabas. Xusto o tren pasara. Xusto a vida non quixo esperar. E alí nos quedamos coa cara de baleiro e as bágoas cheas do que podería ter sido. Pero a […]
11.06.17
O final feliz é a única opción posible.
10.06.17
Detrás do erotismo hai vidas. Seguramente nin nos paramos a pensar niso cando nos entra o desexo, as ganas de saciar as ganas. O círculo vicioso, e nunca mellor dito. O trasfondo de todo isto é para estudialo e facelo mirar aparte. Gustoume a variedade do documental, a sinxeleza que pode ser limitada en casos pero penso que se fai […]