Pensamentos

Categoria por defecto para entradas de blogue


Estar na miña cabeza chega a ser unha caricia. O desexo chega a ese punto. A forza invéntase mecanismos para tocarte. Sen argumentos, sen pasos previos e sen dúbidas.  

30.05.17


A sensacións móvense nunha xente con máis forza que en outra, pola mecánica da evolución. A hipersensibilidade non está ben vista polo que parece. Están perseguidos, pero están unidos. Por iso os estorninos voan tan xuntos, para que os depredadores nin se lles ocorra meter o pico alí. Pois esto ben sendo algo así, cargado de emocións e de escenas […]

29.05.17


Ferve o lume coa fame. Alí ninguén sabe de escapar correndo. A fuxida é a mecánica do día a a día. Voou un coitelo, pero a resistencia do grupo parou o golpe. Ninguén está a salvo dunha estampida se non é coa protección da manada. Non quedan máis argumentos cando a desesperación colle a voz cantante. A resistencia silenciosa.  

28.05.17



A ver si eres capaz de decirme lo que es la poética en el cine. O mejor, dime lo que no es sin caer en los mismos tópicos de mierda de siempre. Se un poco valiente para variar. Y no me vengas con el “Esculpir en el tiempo” de Tarkovski, ya se que te encanta.

27.05.17



Despois a xente sorpréndese do da independencia de cataluña. Mentres Mahou fai anuncios moralmente dubidosos, os de Estrella Damm fan curtas con xente interesante, e ademais ben feitas, e ademais bonitas. Igual precisamente a fronteira de europa está en cataluña, e o resto de España forma parte de latinoamérica. E non nos damos conta…  

25.05.17



De vocación, novelista. “¿Son los escritores seres generosos?” Murakami fai pensar, e non se corta nada. Eu creo que esta dúbida se pode plantexar á xente que traballa na cultura en xeral. Algo pasa na sociedade se a xente que en teoría debería ser exemplo, e debería aportar de forma aberta e coherente á poboación, o que fai e pensar […]

24.05.17



Vin Pieles. Paréceme que é indiscutiblemente valiente. Pero a súa incomodidade non me estou ben. Igual é cousa miña pero é así. Teño a sensación de que o comezo é xenial, e seguramente a película fose aínda mellor se se mantivese nese estado máis abstracto. Porque como historia para min é repetitiva, quere insistir sempre na mesma idea e queda […]

22.05.17