Pensamentos

Categoria por defecto para entradas de blogue


Está claro que o home clásico está en crise, e hai que celebralo. Pregúntome ata onde chega isto, e se se queda en novas portas pero non nun cambio real e profundo. Dubido bastante que o feito de que acepten novos comportamentos sexa un ataque a determinados clichés que siguen tremendamente enraizados na sociedade. O famoso concepto últimamente: heteropatriarcado. Esta […]

11.02.17


Hoxe fun ó Rexistro da Propiedade Intelectual. Xestións curiosas. Cambiaron de sitio, pero bueno estaban perto. Foi todo curiosamente rápido. Despois de pagar as taxas, volvín, e había un corro de catro homes diante dun ordenador. Resulta que estaban mirando fotos de Cristiano Ronaldo. Entre eles estaba o de seguridade, moi educado por certo. A chica do Rexistro no seu […]

10.02.17





Hoxe foi día de aprender. De que volcarse no traballo é a única porta de entrada que existe para cosneguir os soños. A volcarse toca. Se fai falta matar drajóns matamos.

07.02.17




O día da tempestade, da resaca mezclada con temporal. Da espera porque as ganas de todo o que vai vir desborda. Cando queres conseguir algo importante, o que non podes é olvidar ós teus mestres:  

05.02.17


Concertazo. Perico Sambeat é un xenio. Fomos escoitar ó Jamboree (xa tardaba eu en ir) o Perico Ensemble plays Zappa. Daban ganas de estar de pé. O jazz debería ser asignatura obligada, para aprender o que é a liberdade canalizada, o sentido do grupo, a mecánica da paixón ordenada que xoga a desordenarse. Vivan os templos do jazz!  

04.02.17


Este día vai quedar grabado na memoria. A enerxía que xeneramos foi fascinante, e buscamos facelo. Pol ensinounos precisamente que a luz dun proxecto é o máis importante, porque toca os corazóns da xente a través da imaxinación. Mira que es grande irmán. Grazas por todo.  

03.02.17