A esperada Resaca, da querida compañía Il Maquinario Teatro. Unha viaxe a través da memoria, dos trozos que quedan en nós cando unha persoa querida se vai. Falan do amor, no propio espectáculo resaltan que o queren é facer “o seu espectáculo sobre o amor”. Sabendo que o tema moi novo non é, pero non importa. Xogan sobre diferentes códigos […]
Pensamentos
Onte vivín unha experiencia fantástica. Un xogo, un espectáculo documental que busca facernos ver que non fai falla un líder para que as dinámicas grupais sexan interantes. Foi unha pena que só estabamos dúas persoas, que ademais nos coñecíamos, no público. Escenas do cambio ábrese cunha ilusión tremenda, e con moita forza. A parte negativa é que a Cidade da […]
01.02.17
O cariño de traballar con esta xente marabillosa vai marcar un antes e un despois.
31.01.17
Rematei de ver a primeira temporada de The Crown. Parece que a identidade británica está con ganas de reforzarse. E faino como saben eles, con elegancia e intelixencia. Gustoume moito a selección das escenas, onde puxeron o ollo á hora de contar. Parece moi evidente isto, pero non pasa moitas veces. Non é fácil definir o que en teoría se […]
30.01.17
12.33. Estado: No triángulo das Bermudas. O ril. Dereito. Berra espido. A habitación fíxose tan grande que volverei a usar muletas só para acordarme de ti. Fixen unha pausa co goteiro na man, a mente pingaba alerxias abstractas, coas que infecto a miña lingua salivando as paredes. Farei o mellor collage do mundo o teu olvido – díxenlle. Soltei […]
29.01.17
Pois parece que imos a Barcelona a velo!!
28.01.17
Máis cousas a descubrir. Canto traballo!!
27.01.17
Hoxe, Referentes 🙂 “Se a xente quere ver só as cousas que poden entender, non terían que ir ó teatro: terían que ir ó baño.” Bertolt Brecht
26.01.17
A importancia da responsabilidade coletiva vaise diluíndo na sociedade líquida na que vivimos. Desta idea falou o recentemente difunto Zygmund Bauman, no seu libro Modernidade líquida. No seu prólogo fala do leve e do líquido, situando a temática. Interésanos ver como as persoas actualmente deixan que o seu entorno se destroce en facer nada, aferrados a elementos de seguridade en […]