Pensamentos

Categoria por defecto para entradas de blogue


O xogo e a dificultade de mostrar a verdade cando se busca cunha intención profesional. É unha das grandes dificultades do noso oficio, desaprender a xogar poderiamos dicir. Atopamos un camiño ben claro, longo e interesante a investigar para darlle luz ó traballo. Seguramente o sentido teórico-práctico de CoTeatro. Hoxe pode ser un día a recordar dentro duns anos. Alimentar […]

15.01.17



“Queridos estudiantes de este centro. Soy Alberto, vuestro pequeño padre ficticio en las horas lectivas de formación. Este mensaje, aparte de para recordaros que os quiero, es una celebración sorpresa. Cancelaremos las clases que quedan por hoy, es decir las tres últimas, para recibir en nuestro instituto a dos inspectores de policía que han venido hoy a nuestras amadas instalaciones. […]

13.01.17




Corta a mirada a liña da luz, morde coa bágoas o sutil, quere parecerse a ti, e non pode. Colle cos fios do tempo a palabra, saborea o té do sentir coma quen colle coa man un paxaro en pleno voo. Sabes, o valente e o poético coñécense. Viven na voz o teatro, definen o pracer de amar as táboas. […]

11.01.17


Ser capaces de filtrar a historia e as notas, coller a forza das voces e falar dos tempos de sempre, e dos cambios de nunca. Mirar atrás sabendo perfilar a ollada, describir a actualidade co pouso do eterno. Falar de nós e falar da vida. Inspirarse no bo, falar da viaxe, que pode ser unha e moitas ó mesmo punto. […]

10.01.17



Parece que hoxe comeza o ano. E este sol é fantástico para iso. Chega o momento de brindar de verdade, de coller a literatura de vida e facela palpable, real. O mundo non debería ser tan desastre, algo bo daremos feito del algún día, aínda que igual nese día xa sexa tarde. Intentar hai que intentalo igualmente.

09.01.17



Manter o equilibrio, moverse entre territorios onde volver sexa necesario. Manter o ritmo, ter de onde recuperar, xogar coa forza das olas, sempre coa mirada nas posibilidades do real. Recoller a maxia do cerca e do ver de lonxe, centrado. Nin o xigantesco nin o pequeno demais, bailar no Don de Fluir.  

07.01.17