Penso que no feito de dirixir hai algo de poder levar as escenas ó lugar no que están mellor, onde teñen máis vida. É como darlle unha oportunidade á ficción para ser máis real. Seguramente un mecanismo para darlle ós soños unha verdade máis consistente, ou incluso sinxelamente unha verdade, unha voz. Traballar para que iso respire, situar as pezas […]
Pensamentos
Entrar no taller. Collerlle o gusto a pasar horas alí. Co poder da creación e os seus medos. Facer que o espazo poida ser un refuxio e unha liberación. Zona de xogos e de soños. Un lugar onde podería entrar calquera porque a soidade non parece soidade, é outra cousa. Mellor. Aprender a estar todo o tempo que faga falta, […]
05.01.17
Volveu. Por fin. O desexado Sherlock. Esta serie é fascinante polo ritmo que ten, parece que se move a ritmo da mente do protagonista. No meu caso isto fai que case precise ver cada capítulo dúas veces, porque preciso enterarme de todo e non acabo de retelo a ese ritmo. Xenial. Ademais este formato de entender unha serie como unha […]
04.12.17
TÍO GILITO. Coa conexión entre as persoas debería ser suficiente, pero sempre queda a casa sen recoller.
03.12.17
Andar o camiño acompañado debe ser o mellor que hai. Se ademais tes a sensación de que o exemplo está cerca parece que os soños poden estar ó alcance da man. Andar da man, aínda que non sexa necesario sempre, a man pode estar lonxe, pero estar. Eu creo que se din que nos parecemos é máis pola empatía que […]
02.12.17
A comezar o ano con conciencia solidaria.
01.12.17
Estaba o frío. E as forzas do cambio. Buscabamos que o sol entendese a onde queriamos chegar. Eu era ese, ese solitario que sabía onde estaba poucas veces. Moverse dun lugar a outro tentando atopar claves, espazos comúns que limiten a sensación, esa da que escapabamos. Maduramos, imos vendo as fronteiras como algo natural, e non un motor sobre o […]
31.12.16
El Minotauro estaba intentando dormir. Llevaba tiempo esperando y se aburría. Con la excusa de que estaba en el centro del laberinto, pocas veces le traían de comer, y eso era horrible. Suspiraba, tanto que parecía el viento allí, ya que los muros eran tan altos que ni eso podía pasar. La mitología es de mucho esperar, no queda otra. […]
30.12.16
A dirixir! Grazas mestre!