Hai traxes que sentan tremendamente ben. Vivan as superheroínas.
Pensamentos
Sabemos que hai que abordalo, pero parece que hai cousas máis importantes; cando realmente non as hai. Noutras cousas tirar da corda ata que rompe igual é posible, pero neste caso a corda é todo, se rompe esa corda rompe todo. Quizais haxa que priorizar, reconducir o sistema de valores sociais, ou sinxelamente facerlle ver á minoría que extrangula o […]
27.12.16
“A que arrecenden as mans cando non o fan a ti? Ás ausencias da primavera, a ese sabor amargo de non sentir calor cando deberías. Penso deixar o rastro das miñas unllas nas paredes ata que o teu berro cale as ansias do mundo, o querer viaxar no único vehículo que é o teu corpo. Vou ter que inventar […]
26.12.16
Poucas persoas nacen coa necesidade de iluminar. Esa liña que separa o alumbramento da vontade de brillar. Parece que o mundo actual non lle está facendo xustiza ó talento, porque é como si o destino lle puxese a perna a uns cantos para que caesen, coa visión dunha fronteira social que parece tenebrosa. Quizais toca coller testigo, e dar ese […]
25.12.16
“Un colibrí policromo parado en el tiempo. Agarré el caleidoscopio de mi mirada durante unos segundos, de pausa, que parecieron un descontrol infinito.” O Nadal parece o espazo no que o espazo se para pero ti non queres que se pare. É curioso, prodúcese un bucle inevitable cara adiante no que pasa o que debe pasar, pero seguramente non o […]
24.12.16
O teatro é o mellor regalo de Nadal. 4: O NORMAL ANTE O ESPELLO. (10 min) (Fala rápido, como a cámara rápida, para simular a sensación de estrés, xogando con ela para xerar un efecto cómico. Imos facer un xogo, como si este cadro 4 tivese marchas, e xogaremos cos ritmos, pero o personaxe ten sempre a sensación de estar […]
23.12.16
Fragmento do meu relato “Ás veces, Bonaval”: “O primeiro que me pasou pola cabeza foi que viñan facer un ritual satánico, e que me ían usar de ovella, en modo de sacrificio humano a Satán, que me ía desangrar e tal. Non vou seguir con máis detalles desagradables, queda a idea clara. Tiven un momento de lucidez. Ou eu son […]
22.12.16
Hai noites que non sabes se foron marabillosas porque querías que o fosen, ou porque era o momento. Supoño que o mellor é que pasen as dúas cousas, é como a frase “que a forza te acompañe”. Ou sorte, que teñas sorte. Dame que a verdadeira definición de sorte é que se plasmen os desexos verdadeiros que tes. Esto parece […]
21.12.16
Xurxo Mariño é un referente. O detalle e o coidado que fai da ciencia para min é revolucionario, consigue ser moi serio e moi entretido ó mesmo tempo, e iso é dificilísimo. O mellor é que teño a sorte de ser amigo del, e poder compartir o seu saber entre té e té. Grazas Xurxo. http://www.culturacientifica.org/