Sorkin é un xenio. Como xenio ten as súas excentricidades. Ten un estilo inconfundible. Alguén, ata sen coñecelo, pode ver que é unha serie súa, una peli súa. Esta é a nova que me toca descubrir, unha serie que xa ten dez anos, pero seguro que só o parece pola estética. A descubrir, que a vida é corta.
Pensamentos
Dani Salgado é un resistente na beleza. O outro día dixome que hai que ter algo de obsesión para crear, para ter a necesidade de chegar a pechar unha obra artística. E estou de acordo, polo menos un mínimo desa dose fai falla. Estiven pensando que non sei se é iso exactamente, pero algo parecido seguro. O que si fai […]
19.09.16
Unha obra de arte. Feita cun cariño e unha elegancia inmensa. Ás veces parece que as narrativas sobre a memoria nunca son suficientes, cando en España o que se fai é facelas o mínimo posible. Moi significativo. As raíces feitas con forza e intelixencia, como é o caso, non só nunca sobran, son imprescindibles. Cada capítulo é unha victoria, un […]
18.09.16
Que ten Jonás que está aportando ó cine español? É unha reflexión que creo que está ben facer. A súa familia é posiblemente a máis importante de intelectuais do país, ou como mínimo unha das máis presentes iso está claro. Jonás precisa facer un cine que parece novo polo antiguo que parece, cunha sinxeleza que roza moitas veces a inocencia, […]
17.09.16
Estamos facendo unha de zombis. É a primeira vez que toco ese tema, e paréceme cada vez máis divertido. Os adolescentes teñen un pulso creativo tremendo, difícil de canalizar por esa inquietude continua, pero marabilloso se se aprende a levar. Teñen sempre unha forza en suspenso, no aire digo, que parece estar sempre disposta a aportar algo ou a rebelarse […]
16.09.16
This is us, unha serie que me recomendaron especialmente. É do material que a min sempre me pode, as historias que poñen o foco nas propias persoas, que se fala sobre a vida mentres se está vivindo. Neste caso é un retrato familiar, feito con beleza e intelixencia, que mostra os cambios xeracionais que se producen pola sociedade en constante […]
15.09.16
Está claro que a intelixencia e o bo humor, aínda en situacións difíciles, poden e deben ir da man. María Regueira traza unha liña moi delicada e elegante entre a tristeza e as ganas de vivir, que en xeral parece que deben estar en puntos diferentes pero non, ela atopa un lugar común no que contar a súa historia. Encantoume, […]
14.09.16
Black Mirror mola todo. E punto.
13.09.16
Contoume Oliver que o título é por un bar que estaba no inicio do proxecto, e que xa non sae. Pero realmente Laxe é tan brillante e tan sincero. Deu unha charla despois da estrea en Cineuropa que foi para enmarcar. Mimosas ten momentos de gran cine, de cine clásico incluso. Quizais a veces cae ritmicamente, digamos que se relaxa […]