Intentei ensinarte a positivizar os teus poderes de bruxa. Sei que é un proceso, que igual iniciaches comigo. Facer funcionar a túa maxia trae moitas aventuras, entender as emocións e a vertixe de moverse nas verdades do corpo. Unha odisea preciosa. Da que se sae, despois dun gran traballo. Despois a presencia ten algo novo, algo máis de ti, e […]
Pensamentos
“Invertir en enseñanza y en cultura significa educar a los jóvenes en el respeto a la justicia, en la solidaridad humana, en la tolerancia, en el rechazo a la corrupción, en la democracia, con el fin de mejorar además el crecimiento económico y civil de un país: independientemente de los frutos que puedan derivarse del conocimiento mismo, ¿de cuántos mayores […]
16.08.18
Hai recordos que son presentes e imposibles que poden ser futuro. E unha parte de min resiste mentres outra te deixa ir. Síntome co patetismo de crer que o karaoke era unha canción eterna. Por iso aceptar con tranquilidade a vida e respirar son a única resposta a esta batalla.
15.08.18
Sei, que se te podo facer rir nun dos días máis difíciles da miña vida…é que son eu. Que son para ti aínda que renuncies a min. Aínda que estés con el. Igual non te atreves a esta plenitude. Pensei que nunca puidemos rir xuntos, sempre estaba a conciencia do drama. A nosa comedia pode con todo, por iso sae […]
14.08.18
Imaxinar pode ser realidade. Soñar unha constante, un suspiro por vir. Pechar os ollos e ter o que sempre esperaches. Saborealo aínda que non o toques. Porque xa virá. Igual resistir non é a resposta. Acostumarte a ter na cabeza unha casa que non tes no corpo. Pero aínda así compensa. Aínda así sabe a todo. Amar coa insistencia calmada. […]
13.08.18
Hai barcos eternos que só saben de cambios de rumbo. Outros que teñen porto e alí quedan. Para o olvido. Ás veces non sabes en cal navegas, pero o único que queda é seguir sen medo ás olas, con ganas e forza vital. O vento pode sorprar a favor ou na contra en función de como o queiramos ver. O […]
12.08.18
Amy Adams demostrándose unha das mellores. O que máis me interesa da serie é a montaxe, que funde pasado e presente cun dinamismo moi perceptivo, case sensible ó parpadeo. Isto fai desta historia de investigación de crimes distinta outras, conectando os misterios da protagonista cos propios da trama que se vai descubrindo. Oscura e perturbadora, fascinante.
11.08.18
21.04.2017 Vives no que respiro, nese lugar onde todo transita. Saúdas ás miñas sensacións cando camiño, coa sutileza dun mar en forma de vals, a forza dun barco incontrolable. Nese espazo, suspirar e aspirar son o mesmo. Paixón e soño danse da man para facer un equilibrio perfectamente imperfecto. Impedindo a soidade. Non me sabía capaz de todo isto, nin […]
10.08.18
Os camiños son fascinantes. Os pasos quedan dentro, e rebélanse cos demáis cando lles é momento. Por iso sempre hai cousas imposibles e cousas posibles. Van quedando rastros, momentos, nos que o que sintes de verdade debe ser o timón. Se leva a tempestades será por algo. Acertar é disfrutar, errar é aprender. Todo é crecer.