Foi o día. O comezo de mirar cara a cara ó festival máis grande do mundo. Así, como principiantes. Como cando Messi saía a xogar con Ronaldinho e quería a pelota para el. Ti serás o mellor do mundo, pero eu son Messi. Con chulería, si. Que pasa. Se imos dar o mellor de nós non queda outra que facelo […]
Pensamentos
Para evitar a fin do mundo. Afirma. Afirma incluso o que nunca foches capaz. Ti sabes do que falo. Eso que pode ser forma e quedou no invisible. Despois sorrí. Mecanografía a felicidade, e despois rómpea. Colle o papel e fai un avión. Se queres que sexa low cost, pois vale. Se queres que sexa de guerra, pois vale. Se […]
14.08.16
Non podía deixar de bailar. Era así. Levaba o espíritu bailongo encima. Ou debaixo. Pregúntanballe se podía parar, e dicía que non, pero tampouco querería se poidese. Gustáballe deslizarse case o mesmo que sentirse forte e precisa nos movementos. Chegaba un momento, dicía, que xa non se daba conta de que estaba sempre bailando. Tomaba un café e xogaba cos […]
13.08.16
Quizais un día sexamos personaxes de comic. Ser dibuxados con calma e talento, co destaque dos superheroes. Quizais algún día as conexións sexan só iso, conexións. E non teñamos que pedir perdón nin asustarnos por iso. Que as confesións deixen de ser confesións, co latir que nos une escondido en paraísos desertos, ou en caixóns que mellor non abrir por […]
12.08.16
A vida e as milagres. Contáronme dun tipo que se volveu multicolor. Así, de repende. E iso non foi todo, el non estaba contento con iso. Pasábase o día enfadado, con cara de can aburrido. E toda a xente lle decía que tiña unha sorte inmensa, era un tipo orixinal e admirado por todos. E non lle vía o chiste. […]
11.08.16
As escaladas son duras, pero cando chegas arriba tes un aire máis puro que ningún outro. E conseguiches sentirte provilexiado. Igual persoa, pero parte dun lugar especial. Estirar a galaxia, que se deforme cos cantos dos astros. E xogar con ela. Quizais as regras non estén demasiado claras, pero non importa, a forza dos pasos é o único relevante. Alí […]
10.08.16
Colle o megáfono que imos cruzar a rúa. Imos formar parte do collage. Parte da velocidade de todos os shows xuntos. Máis vale voar que quedarse no camiño. Se tivésemos algunha posibilidade de ser sinceros pois mellor. Que non nos conten o drama, porque volve o sol. Que non nos digan nada máis que velocidade, porque somos parte das notas […]
09.08.16
“Cando escoitei a súa voz pensei que a paz e a forza podían vivir xuntas.”
08.08.16
A parede todavía tiña restos da pintada. As rapazas do instituto falaban entre elas de Eva. A unhas parecíalle esperable o que estaba facendo, a outras non. Sempre sacara boas notas, e os profesores estaban moi contentos con ela, non entendían por que se estaba complicando así. Estaban castigadas, por falar continuamente en clase. Tamén tiñan que pensar nun lema […]