O amigo Shakespeare esperou por nós na parada do autobús. Non unha parada normal, senon esa idílica que non existe pero que todo o mundo imaxina algunha vez nalgún soño inventado. Estaba alí tranquilo. Movía os pés con inquietude, iso si, a creación ten que sair por algún lado, é como un paxaro que está sempre co pico buscando para […]
Pensamentos
“Se vas facer iso mellor que non o fagas, mellor que o deixes. Bueno mellor faino total…a abundancia fai estas cousas. O salitre quedouche nos pés sabes, pegadiño a tantas tardes na area. Di que non se quere ir. Que se queda, e punto. Ademais non eres capaz de quitalo. Se decide quedarse el queda. Hai máis litros de mar […]
03.06.16
“Señor extraterrestre, non somos parte do xogo. Por moito que inspires a falta de respiración sempre está esperando. Está ben, enténdoo, queres formar parte desta tolemia. Vale, está ben, supoño que podes. Non pasa nada. Fai por ser amable, pasar desapercibido, estas cousas. Só non te olvides de usar a palabra soñar de vez en cando e xa queda ben. […]
02.06.16
“Abriuse o Nós. Portas dos fios da pluralidade. Preguntámonos se o mundo insiste en dinámicas que de verdade merezan a pena. En se estas son mellores que o mero feito de andar. A calma é un ben cada vez máis valioso. Persiste a dixitalización en distanciar os vínculos. Persiste a actitude de ignorar as rúas. A participación está, a cousa […]
01.06.16
Levaba moito querendo velo. E por fin tocou, ou por fin fun capaz. Ou cadrou, quen sabe. Pode ser a honestidade, como dicía Manolo Maseda nun tema dos Diplomáticos, leve a comunicar. A estrela que non quería ser estrela, pero era unha estrela, pero iso dáballe igual. Cantaba porque para ela a música era a mellor amiga pola que dar […]
31.05.16
“Esperar o que merece a pena é o sentido de moitos silencios durmidos.”
30.05.16
Pode ser que a inercia lle gañe á resistencia. Que os grans de area poidan poucas veces coa marea. Abrir os brazos pase o que pase, para sosterte se fai falta. Para volver a onde faga falta. O ánimo está deitado nese lugar no que poidamos renovalo unha e outra vez, unha e outra vez.
29.05.16
“Volver a uno mismo sin perderse es la tarea de las migraciones. Mudas están las cosas al otro lado de las puertas en espera de las aves y de los silencios. Porque el miedo no conoce el silencio como un abandonado no comprende la libertad de estar solo. Tal vez la inquietud que arrastro en la habitación abrigue la impaciencia […]
28.05.16
“Hai ficcións que poden ser máis realidade que a suposta verdade. Reunirse en torno á creación para non ser bandeira, senon país.”