“Día das letras galegas. Espazo para a nosa lingüa. Escollo a Lorca por abrir fronteiras, por crer que o noso tamén pode ser internacional. Porque non me canso de ler este poema. Amar as lingüas é amar todas as lingüas, por iso hai que empezar pola propia. Sacala a pasear, a saborear. A viaxar. E que entren en contacto con […]
Pensamentos
“Caras, conversacións cortadas nas que podes saber todo e nada. Os transeúntes, xente que transita sen pararse a saber que fai a persoa coa que te chocas, todas esas conexións por descubrir que quedan nun olvido activo, necesario seguramente para sobrevivir.”
16.05.16
“Abrir o peito para que se vexa o pasado, e deixar entrar a quen queira entrar. A purga dos medos é a fórmula máis antiga que existe no teatro, liberar a carga para sentir a liberdade. Bailar co invisible.”
15.05.16
Levantouse sen ningunha intención. Nin sequera de dicir que si. Non era unha persoa apática, sinxelamente non quería ter intencións esa maña. Só esperaba que ninguén llo botara en cara, que podería ser nos tempo que corren. Ocorre case en todos. Fixouse no cepillo, xa non estaba. O que pode facer un detalle nas emocións cotiás. E nas trascendentes. Detrás […]
14.05.16
“O estrés leva a afogar as posibilidades, porque non se ven máis posibilidades ca moitas, é dicir, ningunha. Deixar de presionar a vida como o facemos hoxe pode ser o gran reto que temos por diante. Deixar o acelerador en paz, deixar de necesitar a paz porque se exerce como realidade común. Ter a Terra como ese lugar no que […]
13.05.16
ELCHE DA POWER. Xa a letra a cambiades vós.
12.05.16
“Cando algo toca o que nos fai inmateriais, non queda outra que escoitalo. A dictatura da beleza tamén existe. Paraliza todo o que eres para que atendas, que fagas caso, que te olvides de que estás aquí, porque estás en todos lados. É a paixón volvéndote árbore. Nese lugar onde o inesperado é todo o que desexabas, está o posesivo […]
11.05.16
“Conseguir que o personaxe teña a súa liberdade en ti. Que o ti sexa xeneroso co aquel. A maxia da interpretación. A posesión controlada, ou o control irracional, a maneira que tes de chegar a ser outras e outros, quizais máis, ti, quizais menos ti. Darlle ó personaxe o que quere, pero non como un neno caprichoso, senon un fillo […]
10.05.16
“Un DNI. E un pasaporte. Tasas. Non podo evitar pensar no fácil que é este proceso, e o complicado que é para outras persoas. Alí parece unha cola para a carnicería en calma, mentres outra xente pasa unha guerra e outro tipo de carnicería xogándose a vida. Vivimos nun palacio de cristal, e o peor é que nin disfrutamos del. […]