Pensamentos

Categoria por defecto para entradas de blogue


“13:44. Calamares con patacas. Surrealismo das lúas de Platón. A crónica dunha fame desenfrenada. Non hay resaca para os cobardes. A paz dos malditos. O pracer dos tolos. A descripción dun xardín de flores invisibles. A mecánica dun coche do futuro. E trasladar os eclipses ás miradas.”  

02.02.16


“Fai falta que deixes de facer falta. A verdade da sal, a descripción que fas da percusión. Renunciar a terte é olvidarme de vivir. Son as causas dunha ficción desentrenada”  

01.04.16


“Os pés trasladaban o frío a un lugar diferente. Non eran capaces de levitar, son cousas da gravidade e tal. Empaparse para exportar. Empeñarse en explorar. E saltar o charco. E moito rock and roll. Moito rap and roll. Mutantes do acuático, nunha mostra animal salvaxe. E facer transfusións de mundos infantís, para non perder a noción da inocencia, para […]

31.03.16



“O teatro galego está de festa. As miradas críticas van cara programadores e administración, recordamos o duro que é sosterse no teatro en galicia. Parece que temos morriña de algo que aínda non temos, pero tampouco pensamos como facer para que deixe de ser así. Evolucionamos como imos podendo, eso é un feito. Tamén as voces feministas, que piden a […]

30.03.16


“Unha barca cruza o amencer. Hai ideas que sopran na orella pousándose para quedar. Tento non tocar o que xa está ben na noite estrelada, non vaia ser que chovan as mitoloxías. Apalpando. É como ter as mans nos pés, esa sensación de ter os guantes da neve nun lugar para o que non estaban predestinados. Saír das convencións como […]

29.03.16


“A orquesta pode ir na calma, igual que a canción máis cercana. Son movementos sísmicos da alma. O sol pode estar debaixo das pedras. Si, e nos pozos máis escuros. Os elementos están, nalgún lugar, cerca e lonxe, no percibir aberto. Da tormenta sae o festivo, a reconquista do baleiro, coas ganas de encher unha cidade gris dunha instrumentación inmensa, […]

28.03.16



“Cambia a hora. Se cambia é que non se marcha, móvese e listo. Estaba nun sitio e vai para o outro. Non? Vale non, os dualismos sonche unha perdición. Como a peli de Scorsese. Sempre cos sombreiros a voltas. Esa liña entre o obxetivo e o subxetivo e delicada, é fácil patinar sobre as circunstancias e caer nalgún extremo imposible. […]

27.03.16


“Mirei as mans e quedaba a árbore nos ollos. Quixo tocarme e non puido, quería trepar polo recordo e non foi capaz. Un esquío. Non un esquiador esquivo, senon un esquío dos da raza dos animais. Non un cafre con esquís. Disque agora está de moda poñer contrastes no telediario para exhibir as excelencias do cambio climático. E os xornalistas […]

26.03.16


“Collen as gotas de auga o seu ritmo. O natural. Non son os golpes de reloxo, son os ecos do equilibrio e a perfección. Dentro vive a paz. Que nada me pare, que nadie me pare, no. Non é necesario dicirlle iso ó ceo, as nubes xa saben do mecanismo do inevitable, por iso fan que pasen os días coa sinceridade. […]

25.03.16