“Ir aprendendo do cansancio dos músculos. Parar ter un perigo: o baleiro. Alí xogan as cartas do poder ausente, ese que precisamos para sentir as forzas. Vive o mítico. Os ollos que queren que todo desapareza pero sempre quedan cousas pendientes. Na Torre o ambiente está cheo de pasado. O faro que proxecta as imaxes que quedan suspendidas no ar. […]
Pensamentos
“Días negros nas prazas de europa. O tecido treme. Terremotos de vocabularios que se desfán no ambiente. Un personaxe é un perfume, debe ser elegante e profundo, pero hai que ter coidado coas doses. Imos quentar as bases, coller a efervescencia que se nos presupón no invisible. Facer que as voces atravesen as paredes no ben, para olvidar o mal […]
23.03.16
“Volver cando todo parece perfecto para a reaparición. Os escenarios da casualidade, algo que esperabas e parece que o podes tocar de unha vez por todas. Moitas ganas de Almodóvar. Entre outras cousas. Risas entre ensaladas, o pracer de saber que todo vai ben e que non podes facer nada para evitalo, é así. O sol toca a terraza e […]
22.03.16
“O sentido bebe dos mínimos porque os máximos non se poden abrazar. Igual si tocar, pero non abrazar. Polo menos a sinxeleza ten maxia, deixa no corazón un pouso de orgullo, de terra fértil. Esa é a dinámica da verdade. As nosas ramas, aínda coa tecnoloxía, seguen sendo febles, porque a enerxía da para o que da. Visualizar antes de […]
21.03.16
“Xa sei que hoxe é domingo. Pero realmente nunca chego a sabelo. Sinto a auga gotear no baño e soño cunha piscina baleira. Nela, pinturas, para reiventar o subterráneo. Deletreamos tonos para darlle ás imaxes vida, pausas de buceador experto en mares africanos. Por iso debo escribir que comezar é un final anticipado, que espero que cada final sexa outra […]
20.03.16
“O teatro é un fillo da comunidade. Bebe das historias comúns, do imaxinario que tecemos para sentirnos para dun coletivo. Por iso a necesidade de acudir a este ritual. No cotián tamén está o espírito da forza do costume. Fai de nós a nai do día a día. E alí acudimos para ver se hai algo para nós, como un […]
19.03.16
“Escoller un punto fixo na distancia, aínda que sexa leve, da unha paz curiosa. Cando só che queda marxe para mirar ó teito non queda outra opción. Relaxas. Se non se pode facer nada mellor non facer nada. A coherencia é a nai de todas as boas conciencias. De ciencia moito non sei. Os amigos están para os bos consellos, […]
18.03.16
“Hai picos que se ven vir, sabes que están aí e teslles medo. Pero hai que vivilos. Miralos de frente, e se nos damos de morros pois vaia, estamos para iso. E que os personaxes falen coa súa propia voz, axudándonos coa nosa. Coas nosas pantasmas. A néboa metéuseme no corpo e non da saído. Será porque xa non estás, […]
17.03.16
“Capicúa somos tod@s. Ser espello da imaxe do agora. Hoxe foi un día internacional. Take the hand of the English, open mind to cultural windows. Xa de abrir ventás nas almas, que sexan para abrir camiños na vida. Facer a base para poñer os complementos. Témolo claro: un mundo de contrastes e a celebración da vida. É a nosa misa, […]