“En clave de jazz. Sempre bebía en clave de jazz, ata o xeo era unha improvisación pura. Alí no bar sempre soaban os clásicos, era como vivir nun bucle temporal, atrapados na xenialidade do estilo. Custáballe ver máis alá. Era capaz de encher estadios, pero olvidábase de atender ós fillos. E non era por cartos. Na noite cada amor era […]
Pensamentos
“Sumar é sumar. Esa é a cuestión. Mellor facelo que non facelo. Esa é a máxima. O outro día falabamos a experiencia empírica da xente maior, que fan da tradición a mellor ciencia. A expresividade da observación, a pausa de quen sabe porque vive, non porque quere pensar que ten que demostrar o que sabe. Esa escoita. Quen viviu moito […]
5.03.16
04.03.16 “Cantar pode ser moitas formas, pero seguramente o importante, como con case todo, sexa o espítu que se moviliza. Os fantasmas son capaces de asustarse coa sinceridade, e coa verdade xa nin vos digo. Regalando coa súa garganta, regalando cos seus poros e a súa vitalidade. Xa que é día de cumpreanos non o vou ver como un menos, […]
04.03.16
03.03.16 “Na oscurdade sempre quedan as estrelas, e vense máis se non hai luces artificiais cerca. A Ana empezaban a gustarlle, eran como unha xigantesca táboa de queixos pequeniños, destes para picar, pero para xigantes. Pensaba que nesa gran mesa podería comer calquera, aínda que sexa un anaquiño de algo. Un bocadiño do ceo. A mirada é iso que se […]
03.03.16
02.03.16 “Shakespeare apareceu entre nós, para ensinarnos que ás dualidades non lles queda outra que convivir, aínda que sexa con finais desastrosos. Os días que comezan con néboa poden ser (ou parecer) máis positivos despois. O amor invade a política en España e non sei ben como tomarmo, creo que principalmente con curiosidade, a ver onde leva toda esta historia. […]
02.03.16
Estamos en tempos de transicións. E eu coma sempre chegando tarde a determinados lugares. Ninguén dixo que a reinvención dun país fose fácil. Hoxe vaise votar, e parece que vai ser o significado de saltar o que se vai activar no Congreso. Din os rumores que hai refuxiados españois emigrados debaixo dos sillóns do Congreso, esperando ser liberados e afogándose […]