Escritos


Comezou coa necesidade infantil de plasmar a imaxinación desbordante que non me deixaba durmir. Facela chegar máis alá de min. Supoño que por iso o papel, a páxina en branco, é un barco de xoguete co que viaxar. Un transporte para os soños. É curioso como o neno da infancia busca facerse sitio no presente. Din que esa é a patria do escritor, o pasado inocente. Entendo que é pola pureza. Non hai nada comparable. Por iso a meta é non deixar que a ollada interna perda esa esencia, o neno sempre debe ter o lugar que se merece: o mellor.

 

Gabriel Garcia Marquez

"Los seres humanos no nacen para siempre el día en que sus madres los alumbran, sino que la vida los obliga a parirse a sí mismos una y otra vez."

 

Gabriel García Márquez

 “ A xustiza pertence ó campo das forzas da alma. E por iso pode brotar nos lugares menos propicios, pois cando a chamamos, alí acude, ás veces coa venda nos ollos pero atenta de oído, dende non se sabe moi bien onde."

Manuel Rivas. O lápis do carpinteiro.

20073513