Onte vivín unha experiencia fantástica. Un xogo, un espectáculo documental que busca facernos ver que non fai falla un líder para que as dinámicas grupais sexan interantes. Foi unha pena que só estabamos dúas persoas, que ademais nos coñecíamos, no público. Escenas do cambio ábrese cunha ilusión tremenda, e con moita forza. A parte negativa é que a Cidade da cultura parece estar illada de todo, fóra dunha dinámica “real”. Esta distancia é a que teriamos que ir reducindo paso a paso, aínda que agora mesmo poida parecer imposible.