No fondo é moi curioso que se reivindique o dereito a traballar. É unha evidencia que os dereitos son cada vez máis de todo menos iso. Son látegos de algas, golpes da realidade que se estrutura coa arquitectura da avaricia. Quizais o ruído das manifestacións poida ser cada vez máis distante para as contas en paraísos fiscais.