T.3
Estabamos atados alí, atrapados polas ramas. Foi el o home da pucha,
da capucha,
que entrou coa bara na man e a maxia por diante.
Era sombrío e forte,
nós non tiñamos suficiente idea como para soltarnos.
Eramos principiantes da maxia.
Non podo soltarme e peor é que non quero facelo,
dicían algúns.
Non había día neses días,
todo era noite e frases melancólicas nas nosas bocas. El sabía o que pensabamos,
non sei como nin quería preguntarmo, só estabamos por tempo indefinido alí.
Parecía amigo do bosque ou algo así porque falaba coas árbores.
En oito pasos saberei todo o que sabedes.
En sete pasos volverei a cambiar as vosas vidas.
En seis pasos nunca recordaredes ter estado aquí.
En cinco pasos a vinganza estará gardada en vós.
En catro pasos bailaredes o son da sabia.
En tres pasos seredes sabios dun mundo inhumano.
En dous pasos volveredes a ser vós.
En un paso entenderes que facer coa vosa propia natureza.