01.07.16


Sabía que algo raro podía pasar, como esperando ser protagonista dunha película que non escolleu. Coñéceno no barrio. Os rapaces abúrrense moito, agora xa nin a Play. Lin o outro día que o que caracteriza principalmente ó ser humano é a súa necesidade de superación, sempre precisa buscar algo máis arriscado, perde, a inténtao doutra forma. Neste caso o reto era malvado. Nunca entendín por qué rirse do débil forma parte do humano, supoño que é esencia de supervivencia, se o outro é frouxo eu vou ter máis posibilidades. E disfrutamos diso, ata sen querelo, sucede. Despois a parte racional pode calmalo ou enfocalo cara outro lugar. Queimárono. E Manolo tivo que correr a unha fonte en pleno inverno. E tiritou, soubo o que eran os extremos en menos de media hora. O peor non foi a temperatura, o peor foi o desprecio. Ese chegar a que non só non importes, senon que te sintas co dereito a denigrar. Alí reside a verdadeira suciedade, os comportamentos que non son humanos, son como o cuspe na cara da beleza.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *