Imprescindible. A cercanía da voz en off, fai traer ó presente algo que sempre é o noso presente: a historia. Está claro que se un país fose unha árbore, só pode ir ben de verdade coidando as súas raíces. É a única maneira de evitar que viva enfermo e débil. Parece que a inxustiza que está na orixe do nacemento dos Estados Unidos é unha lacra que os persegue con tanta violencia e desigualdade. Porque mirar atrás é a única maneira de mirar cara adiante. A miña frase preferida foi esta:
“No todo lo que se afronta se puede cambiar, pero nada se puede cambiar si no se afronta”