02.01.18


Volveu Black Mirror. E sempre gusta. Abrir portas á reflexión sobre o futuro sempre con certa oscuridade e xogo coas posibilidades do que virá. O perigo das tecnoloxías é algo do que aínda non somos conscientes aínda que aparentemente si. A serie parte do “Que pasaría se?” e dende o comezo tennos a moita xente atrapados por abrir con cada capítulo unha nova ventá. Gústame moito que non teñen presa por mostrar o segredo de cada nova trama, ila descubrindo é un pracer porque o misterio está sempre presentado con moita claridade e elegancia. Evidentemente, como cada capítulo é un mundo, a unhas persoas lles gusta máis un que outro, pero iso é un dos fortes que ten a propia serie.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *